Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.088

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (259/1992).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador Santiago Pazos Torrado, en nome e representación de Elisa Busto González, contra Francisco Varela García e o Ministerio Fiscal, dictouse con data 15 de abril de 1998 sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Matías Recio Juárez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Carballo e o seu partido pronunciou no nome da súa maxestade El Rei a seguinte sentencia: en Carballo, o quince de abril de mil novecentos noventa e oito. Vistos por Matías Recio Juárez, xuíz do Xulgado de Pri

meira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os autos de divorcio número 259/1992 promovido por Elisa Busto González, representada polo procurador Santiago Pazos Torrado contra Francisco Varela García, en rebeldía e o Ministerio Fiscal.

Decido, que desestimo a demanda interposta polo procurador Pazos en nome e representación de Elisa Busto González en contra de Francisco Varela García e o Ministerio Fiscal e na súa virtude absolvo a dito demandado das pretensións deducidas na súa contra, iso sen facer expresa imposición en custas. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación na forma en que dispón o artigo 733 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde Francico Varela García, con DNI/CIF domiciliado en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto en Carballo o vintenove de abril de mil novecentos noventa e oito.

O xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

4515