Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO.

Con data do 16 de abril de 1998, o Pleno da Corporación Municipal adoptou acordo polo que se modifica o anterior con data do 2 de marzo de 1998, que aprobou a oferta de emprego público do ano 1997, modificándoa e incluíndo un posto de capataz de electromecánicos.

As bases xerais son as publicadas no BOP nº 72, do 17 de abril de 1998, e no Diario Oficial de Galicia nº 79, do 27 de abril seguinte, e as específicas son as seguintes:

Capatar de electromecánicos.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvase para promoción interna, entre persoal coa categoría de oficial de oficios ó servicio da corporación, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Deberán contar coa condición de oficial de oficios con contrato laboral fixo ou integrado no grupo D de titulación desde hai 2 anos como mínimo.

Acreditaranse mediante certificación para o efecto expedida polo secretario xeral.

V. Fase de oposición.

Constará de dous exercicios:

Primeiro exercicio.-Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en contestar por escrito nun prazo dunha hora a un test de 20 preguntas con 3 respostas alternativas que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio e relacionadas coas materias contidas no temario que figura como anexo a estas bases.

Segundo exercicio.-Práctico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Consistirá en resolver un suposto práctico ou realiza-las tarefas que propoñerá o tribunal, relacionadas coas materias obxecto do programa no prazo que estableza o tribunal en función da natureza da proba.

A cualificación de cada exercicio e a final farase de conformidade co previsto na base IX das xerais.

ANEXO TEMARIO

Os catros primeiros temas son os que figuran como anexo nas bases xerais para o grupo D.

Tema 5. Funcións e tarefas máis importantes dun capataz do Servicio de Electromecánicos.

Tema 6. Magnitudes eléctricas: intensidade, resistencia e diferencia de potencias.

Tema 7. Leis fundamentais da electricidade.

Tema 8. O traballo mecánico: magnitudes fundamentais.

Tema 9. Concepto de potencia: unidades de medida.

Tema 10. Leis fundamentais da mecánica.

Tema 11. Efectos da corrente eléctrica: efecto calorífico, efecto químico e efecto magnético.

Tema 12. Máquinas eléctricas: fundamento dos motores eléctricos trifásicos.

Tema 13. Protección de equipos e cortocircuítos contra intensidades, contra cortocircuítos e contra contactos. Clases de protección.

Tema 14. Luminarias: tipos e características.

Tema 15. Lámpadas de iluminación: tipos e características.

Tema 16. Equipos de acendido para lámpadas de descarga. Condensadores: tipos e características.

Tema 17. Compoñentes da instalación eléctrica: características, tipos e control.

Tema 18. Iluminación de interiores: características xerais, métodos de iluminación, cálculo dos puntos de luz e localización, control e mantemento.

Tema 19. Iluminación de exteriores: características xerais, métodos de iluminación, cálculo dos puntos de luz e localización, control e mantemento.

Tema 20. Seguridade e saúde laboral: riscos, proteccións persoais e colectivas nas instalacións eléctricas e mecánicas.

Vigo, 28 de abril de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4365