Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.040

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do plan especial do núcleo 18.06 Seixo (Valadares). (Expediente 4503/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 17 de abril de 1998, acordou aprobar inicialmente o plan especial de mellora do núcleo 18.06 Seixo, na parroquia de Valadares, redactado polos arquitectos José Luis Varela Alén, Marta Vilas Rodríguez, José A. de la Puente Fernández, Vicente Pintos Santiago e Javier A. Franco, conforme a documentación elaborada en agosto de 1997 e marzo de 1998.

Sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 28 de abril de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo