Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.039

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA

ANUNCIO.

Formulado o avance do Proxecto de Ordenación do Medio Rural do Concello de Rairiz de Veiga (Ourense) e sometido a coñecemento do Pleno da Corporación, sométese a información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, polo prazo dun mes a contar desde a última publicación do anuncio, durante o que as entidades e particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

Rairiz de Veiga, 23 de abril de 1998.

José Higinio Vázquez Martínez

Alcalde

4236