Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

Mediante Decreto do 20 de abril de 1998, a alcaldía-presidencia acordou aprobar con carácter definitivo o Proxecto de Urbanización do Plan Parcial do SAU 3 Sector 1.

Faise público o referido acordo coa indicación de que pon fin á vía administrativa, polo que contra el pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a súa publicación ou notificación, se é o caso, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado. Todo iso

sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro recurso que se estime procedente.

Nigrán, 21 de abril de 1998.

José Villar Pereira

Alcalde

4373