Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO ( 132/1997).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 17 de abril de 1998 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno acordou, por unanimidade, aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana de Ourense do SU-6, zonas 6 e 7.

O dito expediente atópase no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, planeamento, sito na terceira planta da Casa de Concello na Praza Maior nº 1 para, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, sometelo á exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Ourense, 30 de abril de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

5056