Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1998 pola que se sinala o día e a hora para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios incluídos no proxecto de colector xeral de augas residuais ata o colector do río Freixeiro.

Visto o Decreto 63/1998, do 12 de febreiro, da Xunta de Galicia, que declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, dos benes e dereitos necesarios para executa-lo proxecto de colector xeral de augas residuais ata o colector do río Freixeiro. En cumprimento da regra 2ª do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, convócanse os propietarios e titulares dos predios afectados para que o día 1 de xuño de 1998, ás 10 horas, comparezan nos predios obxecto de expropiación para o levantamento das actas previas á ocupación. Ábrese un prazo de 15 días a efectos de presentación de alegacións conforme o disposto no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

En Narón, 17 de abril de 1998.

Juan Gato Díaz

Alcalde

M. Amparo Santamariña Vázquez

Secretaria xeral accidental

4188