Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

Obxecto.-Contratación da concesión da xestión integral do servicio municipal de abastecemento de auga potable de Monterroso.

Canon da concesión.-O canon será ofertado en pesetas por m. Facturado pola utilización do servicio de auga.

Duración do contrato.- 10 anos prorrogables tacitamente, por períodos de 5, salvo denuncia.

Garantía.-Para tomar parte no concurso constituirase unha garantía provisional de 500.000 pesetas. A garantía definitiva consistirá no 4% do valor anual do servicio.

Prego de condicións económico-administrativas.-Nas oficinas do concello e no BOP número 96, do 29 de abril de 1998.

Cualificación do contratista.-Estar clasificado nos seguintes grupos e subgrupos:

Servicios: grupo 3; subgrupo 5; categoría D.

Obras: grupo E, subgrupos, 1, 4, 5 e 7; categoría C.

Prazo e lugar de presentacións das plicas.-Na secretaría do concello, de 10 a 14 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Apertura de plicas.-As 12 horas do 5º día hábil seguinte (non coincidente en sábado) a aquel no que finalice o prazo de presentación.

Monterroso, 29 de abril de 1998.

Luis Pereiro Vázquez

Alcalde

José Antonio Fente Ledo

Secretario

4192