Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno municipal, na súa sesión celebrada o día vinteseis de marzo de mil novecientos noventa e oito, acordou:

Aprobar inicialmente o estudio de detalle da U.A. 17-A coa nova delimitación, aprobada inicialmente na mesma sesión, promovido polos propietarios afectados e redactado polo arquitectos Alfredo González Prieto e Antonio Freire Romero, que ten por obxecto establece-las aliñacións e rasantes e ordena-los volumes de acordo coas determinacións do PXOU, e somete-lo documento a información pública polo prazo dun mes.

O prazo contarase desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente no Servicio de Urbanismo das oficinas municipais e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 22 de abril de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

5039