Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.037

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

Por resolución desta Alcaldía con data do 26 dos correntes, aprobouse inicialmente o estudio de detalle formulado por Servando Souto Martínez para reaxuste de aliñacións na U.A. nº 7 (Perlío), do PXOU/Rev. 81, e sinala-la dita área como afectada pola suspensión de licencias de edificación, parcelación e demolición.

De conformidade co disposto na lexislación vixente, sométese a información pública dun mes, contado

a partir da última publicación regulamentaria do presente edicto, durante o que se poderá examina-lo expediente e formula-las alegacións que se consideren pertinentes ante esta Alcaldía.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 26 de maio de 1998.

Xosé Mª Rivera Arnoso

Alcalde

4231