Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

No BOP nº 93, do 25 de abril de 1998, publícanse integramente as bases que rexerán a convocatoria da oferta de emprego público para 1997 realizada polo Concello de Arteixo, para a provisión en propiedade dunha praza de auxiliar administrativo de Administración xeral adscrita a servicios sociais e para a provisión mediante contratación laboral indefinida, dunha praza de coordinador de servicios sociais, ámbalas dúas mediante concurso-oposición,

as cales foron aprobadas polo Pleno Municipal na súa sesión celebrada o 26 de marzo de 1998.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación dese anuncio no BOE para a praza de auxiliar administrativo e de quince días naturais contados tamén a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE para a praza de coordinador de servicios sociais.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse integramente no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Arteixo, 29 de abril de 1998.

Manuel Pose Miñones

Alcalde-presidente

4191