Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

ANUNCIO.

O Pleno do Concello das Neves, en sesión con data do 25 de abril de 1998, adoptou acordo de aprobación inicial da revisión do Plan Xeral de Ordenación Urbana das Neves, e da apertura do trámite de información pública durante un mes, contado a partir da última publicación deste anuncio (BOP, Diario Oficial de Galicia ou nun dos diarios de maior circulación da provincia), durante o cal se poderán presenta-las alegacións pertinentes. O dito acordo determina suspensión do procedemento de outorgamento de licencias naquelas zonas de territorio obxecto da revisión nas que as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

As Neves, 28 de abril de 1998.

Oswaldo-Lino González Pereira

Alcalde-presidente

4364