Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 29 de abril de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea B.G. número 4 (Vigo A-40).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: B.G. nº 4.

Cultivo: mexillón.

Localización: Vigo A, cuadrícula 40.

Data da concesión: 13-12-1973.

Data na que remata a derradeira prórroga: 22-4-2003.

Anterior concesionario: Máximino Rouco Curroa (35.190.194X).

Novos titulares da concesión: Enrique Piñeiro Martínez (35.280.100D) Mª Rosario Santomé Rúa (76.809.069V).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de rango suficiente.

Vigo, 29 de abril de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo

4649