Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 28 de abril de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea R.P. número 2 (Cangas H-54).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: R.P. nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Cangas H, cuadrícula 54.

Data da concesión: 17-05-1967.

Data na que remata a derradeira prórroga: 14-6-2007.

Anteriores concesionarios: Serafín García Portela (35.902.796A), Encarnación Sagrario Carro Jalda (35.189.036W).

Nova titular da concesión: Mª Isabel García Carro (76.808.961R).

A nova concesionaria queda subrogada nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así

como obrigada ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

Vigo, 28 de abril de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990, DOG nº 134, 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo

4649