Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 7 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, de iniciación do expediente sancionador S-12/98 seguido contra Antonio Iglesias Barcón.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, (BOE do 27 de novembro), faise público o acordo de iniciación recaído no expediente sancionador que se indica e que se segue nesta delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais contra o presunto infractor que no anexo se sinala, xa que, intentada a súa notificación no último domicilio coñecido, esta non se puido practicar.

O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, sita na rúa Montevideo, nº 9.

Contra o dito acordo de iniciación poderá formular alegacións e achega-las probas que estime pertinentes en defensa dos seus dereitos, no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Ó mesmo tempo advírteselle que transcorrido o dito prazo seguirá o expediente o trámite ordinario, podendo ser considerado o acordo de iniciación como proposta de resolución no caso de que non se fagan alegacións (artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora- BOE do 9 de agosto).

ANEXO

Expediente: S-12/98

1. Interesado e domicilio coñecido: Antonio Iglesias Barcón DNI 76.401.917 r/ Príncipe, nº 30 B. Ortigueira. A Coruña.

2. Feitos imputados: ás 16:10 horas do día 24 de febreiro do ano que corre, cando unha patrulla da Garda Civil do posto do Vicedo se atopaba prestando servicio propio do corpo na estrada C-642 p.q. 65.500, procederon a identifica-lo automóbil camión-furgón con matrícula OR-9942-P, propiedade de Congelados Asturgal S.L.Ourense, conducido por Antonio Iglesias Barcón, o cal levaba no automóbil diversos tipos de conxelados, manifestando que se dedica á venda ambulante e que non leva neses momentos o carné de manipulador de alimentos, por esquecelo na súa casa.

3. Preceptos infrinxidos: artigo 35.A).3ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de Sanidade; artigos

2.1.1 e 2.2 do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigos 1.1 d) e 5 do Decreto 157/1985, do 11 de xullo da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; artigo 4.1 do Decreto 239/1986, de 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de manipuladores de alimentos.

De acordo co artigo 35.A).3ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de Sanidade, o dito feito constitúe unha infracción sanitaria que pode ser cualificada como leve e, polo tanto, de acordo co artigo 36.1 a) da citada lei, sancionarse con multa de ata cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.).

Lugo, 7 de maio de 1998.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Sanidade e Servicos Sociais

4649