Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.030

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/13-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. (D.C.) urbanización Os Álamos e Rutis-Vilaboa.

Situación: Culleredo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 23.396 m de lonxitude que parte da L.M.T. Grela-Burgo-Sigrás, pasando polos CC.TT. urbanización Os Álamos, C.T. Rutis-Vilaboa e final no C.T. Avda. de Vilaboa, en conductor R.H. 12/20 kV de 240 mm en Al e reforma do C.T. Vilaboa, municipio de Culleredo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 27 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4551