Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.031

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de maio de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Escurís número 2, a favor de Mª Encarnación Varela González.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da

transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993 do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e no artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228, do 21 de novembro) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Escurís nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal H, cuadrícula 17.

Data da concesión: 15-1-1953.

Data de finalización da última prórroga: 15-1-2002.

Anteriores concesionarios: Vicente Varela Albores e Modesta González Boo (33.077.623) e (33.106.752).

Nova titular da concesión e batea: Mª Encarnación Varela González (76.512.521).

A nova titular queda subrogada nos mesmos dereitos e obrigas dos anteriores concesionarios, así como obrigada ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 5 de maio de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

4441