Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.029

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/419-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: instalación L.M.T., C.T. e R.B.T. Peiro de Arriba.

Situación: Culleredo.

Descricións técnicas: liña L.M.T. aérea Despida a 15/20 kV de 0,22 km con orixe no apoio de formigón 1B-11 da liña L.M.T. ó C.T. ermida de Ternande (expediente 26844) e remata no C.T. proxectado de Peiro, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. Liña L.M.T. Despida a 15/20 kV de 0,012 km con orixe no apoio de formigón 2(1B-11) da liña L.M.T. ó C.T. ermida de Ternade (expediente 26844) e remata no C.T. proxectado de Peiro de Arriba, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 15.000/380-220 V en Peiro de Arriba. Liña R.B.T. aérea de 0,37 km con orixe no C.T. proxectado de Peiro, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. Liña R.B.T. aérea de 0,685 km con orixe no C.T. proxectado de Peiro de Arriba, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 21 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4278