Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Vilanova-Aguabar.
Situación: Pontedeume.
Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15/20 kV de 0,817 km con orixe na L.M.T. Vilar do Colo-Pontedeume, e final no C.T. Boavista, en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x240 Al.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 21 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
4258