Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilar de Calo.
Situación: Teo.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea núa a 20 kV con orixe no apoio da L.M.T. a C.T. Maderas Amazonas, e final no paso aéreo-subterráneo proxectado, en conductor LA 56/54,6 mm sobre apoios de formigón. L.M.T.S. a 20 kV de 0,16 km con orixe no paso aéreo-subterráneo proxectado, e final no C.T. de Vilar de Calo en conductor R.H.V. 12/20 kV 3x95 Al. C.T. de 250 kVA 20.000/380-220 V en Vilar de Calo, L.B.T. aérea de 0,956 km con orixe no C.T. vilar de Calo en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta
blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 21 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
4277