Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.016

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (311/1997).

Eu, Rosa de Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de proceso civil de cognición co nº 311/1997 por instancia de Banco Central Hispanoamericano, S.A. representado polo procurador García-Píccoli Atanes contra Francisco Gallardo

Abelleira, do que se descoñece o domicilio, sobre reclamación de cantidade. Dictouse providencia no día da data acordando o emprazamento do dito demandado para que, no termo de nove días, compareza en autos en forma (asistido de letrado), baixo apercibimento de que, se non o verifica, será declarado en rebeldía dándose por contestada a demanda e seguindo o xuízo o seu curso.

E para que o acordado se cumpra e para publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, expido o presente edicto que é dado en Santiago de Compostela o once de maio de mil novecentos noventa e oito.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

4514