Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.017

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (80/1998).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 80/1998, promovido polo Banco Pastor, S.A. contra Alfonso Manuel Bellón Castro e Mª Teresa Mota Dios nos que por resolución desta data se acordou sacar a venda en pública poxa o inmoble que ó final se describe, co remate que terá lugar na sala da audiencia deste xulgado, na forma seguinte:

En primeira poxa o día 7 de xullo próximo ás 11 horas da mañá, servindo de tipo o pactado na escritura de hipoteca, ascendente á suma de 4.821.120 ptas.

En segunda poxa, en caso de non quedar rematados os bens na primeira, o día 10 de setembro próximo ás 11 horas da mañá, coa rebaixa do 25 por cento do tipo da primeira.

E en terceira poxa, se non se rematasen en ningunha das anteriores, o día 13 de outubro próximo ás 11 horas da mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1. Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo de poxa, en primeira nin en segunda, podéndose face-lo remate en calidade de llelo ceder a terceiros.

2. Os que desexen tomar parte na poxa, coa excepción do acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións do xulgado no BBV nº conta 1592-18-80-98 o vinte por cento do tipo expresado, requisito sen o cal non serán admitidos a licitación.

3. Os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria están de manifesto na secretaría, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación, e que nas cargas ou gravames anteriores e os preferentes (se os houber) ó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto de poxa:

Urbana, casa unifamiliar composta de planta baixa destinada a vivenda; ocupa unha superficie construída de cento vinte metros cadrados. Ten como anexo o resto do terreo sen edificar, que a circunda, destinado a toxeira, ó sitio de ó sur da casa, que mide dez áreas e sesenta centiáreas. A edificación está situada no sector centro sur do predio, coa que linda por tódolos seus ventos, tendo ó sur a súa fronte ou fachada principal, a uns 8 metros do camiño existente, desde o que se accede á casa. Linda o conxunto: norte, José Luis Gosende Carbia; sur, camiño ou pista; leste, Mª Nieves Bragaña Pequeño e oeste, Evaristo Mosteiro.

Inscrita no tomo 538, libro 175, folio 87, predio 18.432.

Dado en Santiago de Compostela o trinta de abril de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4537