Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Martes, 02 de xuño de 1998 Páx. 6.016

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (107/1996-N).

Eu, María de los Dolores Álvarez García, oficial en funcións de secretaria do Servicio de Apoio do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís figura a recaída nos autos de menor cuantía número 107/1996, do cal o encabezamento e pé son do teor literal seguinte:

En Padrón, o trece de maio de mil novecentos noventa e oito. Vistos por Miguel Narváez Bermejo, maxistrado-xuíz do Xulgado do Penal número tres de Vigo, en funcións de apoio do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón por acordo do Concello Xeral do Poder Xudicial do 23-10-1997, os presentes autos de xuízo de menor contía sobre exercicio de acción reivindicatoria, nulidad de escritura de compravenda e cancelación de inscrición rexistral, que se seguiron ante este xulgado co número 107/1996, por instancia de Victorino Regueiro Muñoz en representación de Eleuterio Bustelo Reboiras, maior de idade, con domicilio en Buxán, municipio de Rois, en nome propio e en beneficio da comunidade de montes das zonas de Brañas, Fenllos, Cruciñas e Cancela de Veiga de Xei baixo a dirección letrada de José María Paz Sueiro, contra Segunda Angélica Mariño Torrado e o seu esposo Ramón Sóñora Rivas, veciño do municipio de Rois con domicilio en Buxán, representados polo procurador

Manuel García Boado, baixo a dirección técnica do letrado Cesáreo Pardal Castro, contra Generosa Torrado Blanco, veciña do municipio de Rois e con domicilio en Buxán en situación procesual en rebeldía, contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Dolores Freire e a calquera outra persoa descoñecida e incerta que puidera estar interesada no proceso, tamén na mesma situación de rebeldía.

Decido que estimando integramente a demanda promovida polo procurador Regueiro Muñoz en representación de Eleuterio Bustelo Reboiras, en nome propio e en beneficio da comunidade de herdeiros do seu falecido pai Ramón Bustelo Romero, e a súa vez para a comunidade de montes das zonas de Brañas, Fenllos, Cruciñas e Cancela de Veiga de Xei, contra Segunda Angélica Mariño Torrado e o seu esposo Ramón Sóñora Rivas, representados polo procurador García Boado, contra Generosa Torrado Blanco, os herdeiros descoñecidos e incertos de Dolores Freire e calquera outra persoa descoñecida e incerta que puidera estar interesada neste

proceso, estes últimos en situación procesual de rebeldía, debo declarar a declaro:

a) A inexistencia e nulidade da escritura de compravenda outorgada por Generosa Torrado Blanco a favor da Segunda Angélica Mariño Torrado para a sociedade de gananciais que forma co seu esposo Ramón Sóñora Rivas, o nove de febreiro de mil novecentos noventa e tres, ante o que foi notario de Padrón Manuel Remuñán López.

b) Que os predios obxecto da dita escritura de compravenda, descritos no feito terceiro desta demanda, son da propiedade da Comunidade de Montes da zonas de Brañas, Fenllos, Cruciña e Cancela de Veiga de Xei, en Buxán, do termo municipal de Rois.

c) E a nulidade e cancelación total das incricións no Rexistro da Propiedade de Padrón do predio 17.304, no folio 150 do libro 130 de Rois, tomo 566 do predio 17.305 no folio 151 do libro 130 de Rois, tomo 566 e do predio 17.306 no folio 152 do libro 130 de Rois, tomo 566.

Condeno os demandados a estaren e pasaren por estas declaracións, a facérenlle entrega dos predios á repetida comunidade e ó pagamento das custas deste xuízo.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así o dispuxo, mandouno e ordeonouno o maxistrado xuíz.

E para que así conste e lle sirva de cédula de notificación en forma a Generosa Torrado Blanco, e herdeiros descoñecidos e incertos de Dolores Freire e calquera outra persoa descoñecida e incerta que puidera estar interesada no proceso, todos en situación procesual de rebeldía, expido, asino e selo o presente edicto en Padrón catorce de maio de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

4631