Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.939

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Frigoríficos de Vigo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Frigoríficos de Vigo, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-4-1998, subscrito en representación da parte económica pola

representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 21-4-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de abril de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta da reunión final

Asistentes:

-Representación económica:

José A. Llorca Fdez. del Viso.

Manuel Díaz García.

-Representación social:

Alberto Arbones Lago.

José M. Hermida Costas.

José R. Davila Álvarez.

Manuel Estévez Tielas.

Miguel A. Argibay Fontenla.

En Vigo, na sala de xuntas da empresa, ás dezasete (17) horas do día 21 de abril de 1998, reúnese a comisión negociadora do convenio colectivo de Frigoríficos de Vigo, S.A. Asisten os arriba relacionados.

Como resumo dos acordos acadados nas diversas reunións celebradas pola comisión negociadora, as partes conveñen establece-los acordos que a seguir se detallan:

1. O convenio colectivo para o ano 1998 manterá o mesmo texto có do ano 1997, agás as modificacións seguintes:

Artigo 5º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP e producirá efectos a partir da data do seu asinamento, o 21 de abril de 1998, segundo resulta da acta de acordo final, aínda que

os seus efectos económicos se retrotraen ó 1º de abril de 1998.

Artigo 17º.-Licencias.

Confecciónase un novo cadro de licencias que se xunta á presente acta.

Artigo 37º.-Vestiario.

Ó dito artigo incorpórase a decisión da empresa de conceder dous pares de calcetíns de la ou similares dentro do vestiario para o ano 1998, aínda que se aplicará a partir da segunda entrega deste, que será no mes de xuño do presente ano.

2. A revisión salarial terá o seguinte contido:

Establecer un aumento do 2%, que se aplicará sobre tódolos conceptos que compoñen a táboa salarial.

A táboa de salarios resultante que se incorpora á presente acta será de aplicación con efectos desde o 1º de abril de 1998.

Aproba-las modificacións do convenio colectivo da empresa do ano 1997.

Lida a acta e sendo conforme co acordado, asinan tódolos asistentes.

Frigoríficos de Vigo, S.A.

Convenio colectivo 1996

Artigo 5º.-Ámbito temporal.

5.a. Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP e producirá efectos económicos a partir da data do seu asinamento, o día 21 de abril de 1998, segundo resulta da acta de acordo final, aínda que os seus efectos económicos se retrotraen ó 1 de abril de 1998.

5.b. Duración, denuncia e prórroga.

Duración: a duración do convenio será dun ano contado desde o día 1 de xaneiro de 1996, calquera que sexa o momento da súa publicación no BOP.

Denuncia: a denuncia do convenio queda regulada nos termos e cos efectos que seguen:

Artigo 17º.-Licencias.

A empresa concederalles licencias retribuídas a tódolos traballadores nos termos que seguen:

-Matrimonio do traballador: 15 días.

-Enfermidade grave do cónxuxe e parto da esposa: 5 días.

-Enfermidade grave de ascendentes e descendentes: 3 días.

-Falecemento do cónxuxe: 5 días.

-Falecemento de pais e fillos do traballador: 3 días.

-Falecemento de irmáns e avós do traballador: 2 días.

-Falecemento de pais, fillos, irmáns políticos do traballador: 2 días.

-Falecemento de tíos, primos e sobriños do traballador: 1 día.

-Falecemento de tíos e avós políticos do traballador: 1 día.

-Por traslado do domicilio habitual: 2 días.

-Por cumprimento dun deber inescusable de carácter público, o tempo que fose necesario.

En todo caso, no que respecta a dereitos ou situacións nas que a condición do cónxuxe sexa a causa, entenderase que, no seu defecto, a condición de convivencia continuada dará lugar ós mesmos dereitos e situacións.

A empresa poderá solicitar do traballador a presentación de informe médico que xustifique a gravidade da enfermidade orixe da licencia.

Cando o traballador que solicite licencia por razón de matrimonio conte con máis de catro meses de servicio na empresa, non lle será rateable o tempo para o seu desfrute.

Artigo 37º.-Vestiario.

A empresa proverá o persoal do seguinte vestiario de uso obrigatorio durante a xornada laboral:

-Para todo o persoal: dúas fundas ou roupa similar, botas, luvas e dous pares de calcetíns de la ou similares, con duración dun ano.

-Para o persoal que efectúe traballos en cámaras ou túneles de conxelación: un equipo completo de chaqueta e pantalón ou funda isotérmica, con duración de tres anos como máximo. un xogo de botas de media cana ou zapatos especiais para o frío e luvas impermeables, con duración dun ano.

-Para o persoal de máquinas e de xeo: un chaquetón cada tres anos.

Táboa salarial para o ano 1998

Código

Categ.

Categorías

Salario

base

Gratificación

voluntaria

Plus

distancia

Total

1Título superior102.570124.3505.370232.290
14Oficial 1ª administrativo85.32099.4505.370190.140
20Oficial 2ª administrativo69.39091.4405.370166.200
31Oficial 3ª administrativo69.39054.8705.370129.630
41Aux. Adm. N-169.39049.4705.370124.230
43Aux. Adm. N-269.39032.7605.370107.520
44Aux. Adm. N-369.39016.6505.37091.410
45Aux. Adm. N-468.0405.37073.410
51Maquinista69.39060.7505.370135.510
52Maquinista B69.39057.9605.370132.720
53Ax. máquinas69.39055.0205.370129.780
54Ax. Maqui. N-169.39049.4705.370124.230
55Ax. Maqui. N-269.39032.7605.370107.520
56Ax. Maqui. N-369.39016.6505.37091.410
57Ax. Maqui. N-468.0405.37073.410
61Encargados/capataces69.39063.6005.370138.360
62Oficial 1ª69.39060.7505.370135.510
63Oficial 2ª69.39057.9605.370132.720
64Oficial 3ª69.39055.0205.370129.780
65P. Espec. N-169.39052.2005.370126.960
66P. Espec. N-269.39049.4705.370124.230
67P. Espec. N-369.39032.7605.370107.520
68P. Espec. N-469.39016.6505.37091.410
69Peón68.0405.37073.410
71Empacadora69.39049.4705.370124.230
72Aux. Emp. N-169.39032.7605.370107.520
73Aux. Emp. N-269.39016.6505.37091.410
74Aux. Emp. N-368.0405.37073.410
81Limpeza69.39049.4705.370124.230
82Aux. Limp. N-169.39032.7605.370107.520
83Aux. Limp. N-269.39016.6505.37091.410
84Aux. Limp. N-368.0405.37073.410
85Aux. Mani. N-368.0405.37073.410

4194