Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.938

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa D.S. Salagado, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa D.S. Salgado, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-4-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal o 28-3-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de abril de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio da empresa D.S. Salgado, S.L.

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio afecta en todo o seu contido normativo á empresa D.S. Salagado, S.L., que ten o seu domicilio en Vilagarcía de Arousa, e a todo o persoal que está a presta-los seus servicios nela, así como ós que se incorporen despois. O seu posto de traballo poderá variar segundo as circunstancias e necesidades da empresa, sen que varíen por iso as condicións estipuladas.

Artigo 2º.-Vixencia.

As cláusulas deste convenio terán unha duración dun ano e entrarán en vigor o día do seu asinamento, con independencia da data da súa publicación no BOP, prorrogándose tacitamente en períodos anuais, se non é denunciado por calquera das partes, de acordo coas normas vixentes.

Artigo 3º.-Concidicións máis beneficiosas.

Respectaranse a título individual as condicións de traballo superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e cómputo anual. Tal garantía será exclusivamente de carácter persoal, sen que se poida entender vinculada ó posto de traballo, categorías profesionais e outras circunstancias, polo que o persoal de novo ingreso non poderá alegar ó seu favor condicións máis beneficiosas das que desfrutasen os traballadores que anteriormente ocupasen os postos de traballo a que sexan destinados ou promovidos.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de corenta horas semanais, segundo establece o Estatuto dos traballadores, repartidas na forma máis idónea para a empresa e os traballadores, entendendo sempre o interese destes e a productividade da empresa.

Artigo 5º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán dunhas vacacións retribuídas conforme as seguintes condicións:

a) Terán unha duración de 30 días naturais.

b) As vacacións desfrutaranse cando conveña, segundo as condicións da empresa, aínda que a empresa lles exporá con tempo ós seus traballadores como as han de desfrutar no ano próximo, segundo o criterio e necesidades da empresa e dos traballadores, e non poderán ser nunca nos meses de verán.

c) Cando o traballador cese no curso do ano, terá dereito á parte proporcional de vacacións en razón do tempo traballado.

Artigo 6º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Por casamento do traballador.

b) Por morte ou enterro do cónxuxe, ascendentes ou descendentes.

c) Por enfermidade grave do cónxuxe, fillos ou parto da esposa.

A duración destas licencias será de quince días para o casamento e ata tres días nos demais casos. En casos excepcionais poderánselles conceder licencias máis prolongadas, se estas se solicitan debidamente á dirección con causas moi xustificadas.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias.

O persoal da empresa percibirá dúas pagas extraordinarias, consistentes nunha mensualidade do soldo base e antigüidade, nos meses de xullo e decembro.

Artigo 8º.-Paga de beneficios.

O persoal da empresa percibirá durante o mes de marzo, en concepto de paga de beneficios do ano anterior, o importe dunha paga mensual completa correspondente ó dito ano.

Artigo 9º.-Servicio militar.

O persoal comprendidio no presente convenio ten dereito a que se lle respecte o seu posto de traballo durante o tempo en que dure o servicio militar. Así mesmo, o persoal que leve dous anos prestando servicios na empresa, cando se incorpore ó servicio militar, ten dereito a percibir como se estivese presente no traballo o importe das gratificacións extraordinarias fixas de xullo e decembro.

Artigo 10º.-Roupa de traballo.

A empresa estará obrigada a lles facilitar ós seus empregados a roupa de traballo necesaria para cada función, unha peza de roupa cada ano. O seu uso e conservación serán obrigas para o persoal.

Artigo 11º.-Retribucións.

O salario, durante a vixencia deste convenio, será o que figura na táboa que se reflicte na folla anexa, máis os aumentos por antigüidade que procedan, segundo a táboa anexa.

Artigo 12º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio, consistentes en cuadrienios na cantidade do 5% do salario base, correspondente á categoría en que o productor está clasificado.

Artigo 13º.-Axuda por defunción.

En caso de falecemento dun traballador cun ano de servicio na empresa, esta está obrigada a satisfacerlles ós seus habentes dereito unha axuda de dúas mensualidades.

Artigo 14º.-Comisión paritaria.

Para levar a boa fin estas negociacións, constitúese unha comisión paritaria, integrada por Ramón Somoza Rodríguez e Ángel Barros Fernández, delegado sindical de persoal, en representación dos traballadores e Antonio Pérez del Oro en representación da empresa.

Artigo 15º.-Partes asinantes.

Este convenio foi asinado por unha representación dos traballadores en tódalas súas follas e por Antonio Pérez del Oro en representación da empresa.

Táboa de salarios.

Categorías

Anterior

convenio

Actual

convenio

Cuadrienio

Director xerente121.100123.6456.182

-Persoal administración
Xefe administrativo99.360101.4505.072
Aux. Admon. ou operador de Maqui. Contab.80.42082.1104.105
Axudante Admon. ou operador de Maqui. Contab.79.69581.3704.068
Auxiliar de caixa79.69581.3704.068
Aspirante de 16 a 18 anos54.88568.040

-Persoal mercantil
Xefe de compras98.118100.1805.009
Xefe de vendas98.118100.1805.009
Xefe de almacén98.118100.1805.009
Dependente maior87.56189.4004.470
Dependente81.45583.1654.158
Axudante79.28180.9464.047
Aprendiz 1ª54.85568.040
Aprendiz 2ª54.85568.040
Preparador de pedidos81.45583.1654.158
Viaxante78.14379.7853.989

-Persoal de servicios
Chofer repartidor81.45583.1654.158
Mozo especializado80.42082.1104.105
Mozo79.69581.3704.068
Prof.Ofi. 3ª79.69581.3704.068

Vilagarcía de Arousa, marzo 1998.

Fdo. Ramón Somoza Rodríguez

Chofer repartidor, Secretario

DNI 35.409.940

Ado. Manuel A. Barros Fernández

Delegado sindical da empresa

DNI 36.040.786

Ado. Mª Josefa Ramos Bugallo

Axudante

DNI 35.439.060

Ado. Antonio Pérez del Oro

Pola empresa

DNI 35.328.501

Ado. Manuel Rivas Nuñez

Mozo

DNI 35.399.606

4117