Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Luns, 01 de xuño de 1998 Páx. 5.934

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 13 de maio de 1998 pola que se modifica a Orde do 31 de marzo de 1998 pola que se convocan para 1998 as bases reguladoras das axudas de iniciativa PEME de desenvolvemento empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante orde da Consellería de Economía e Facenda do 31 de marzo de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 81, do 29 de abril) desenvolvéronse, no ámbito da

Comunidade Autónoma galega, as bases reguladoras das axudas de iniciativa PEME de desenvolvemento empresarial previstas no Real decreto 937/1997, do 20 de xuño, e convocáronse para o ano 1998.

Advertido, sen embargo, que a data límite para xustificación da realización dos proxectos subvencionados, fixada polo anexo I da orde referida no 15 de novembro de 1998, para os programas 2 (promoción de servicios de información empresarial), 3 (deseño) e 4 (redes de organismos intermedios de apoio á innovación) pode resultar insuficiente para dar cabida a aqueles proxectos que a súa execución requira de marxes temporais máis flexibles, resulta conveniente ampliar con carácter xeral o prazo máximo de xustificación de realización de proxectos subvencionados establecido a priori para os programas xa referidos.

Así mesmo, aclárase en concordancia co disposto na Lei de orzamentos, o réxime de pagamentos a conta.

Por todo iso, e en virtude das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O primeiro parágrafo de cada un dos apartados 5.1. dos programas 2 (programa de promoción de servicios de información), 3 (programa de deseño) e 4 (programa de redes de organismos intermedios de apoio á innovación) desenvolvidos no anexo I da Orde do 31 de marzo de 1998, queda redactado nos seguintes termos:

«Consideraranse subvencionables os seguintes tipos de gastos aboados desde a data de presentación da solicitude de axuda no Igape e ata a data de xustificación de realización do proxecto establecida na resolución de concesión, que non poderá supera-lo 30 de setembro de 1999».

Artigo 2º

Engádase un primeiro parágrafo ó artigo 7º:

«O pagamento da subvención practicarase segundo o establecido na Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma que estea vixente e de conformidade co disposto nos seguintes parágrafos».

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

4992