Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.928

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA OURENSE

CONVOCATORIA de asemblea xeral ordinaria.

En cumprimento do disposto nos estatutos polos que se rexe a entidade, o Consello de Administración da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, en sesión celebrada o día 27 de abril de 1998, acordou convocar asemblea xeral ordinaria, que terá lugar o día

22 de xuño de 1998 no salón de actos da entidade, sito na Avda. de Pontevedra, 9, planta 1ª, desta cidade, ás dezasete horas, en primeira convocatoria e, de non reunirse o quórum necesario, en segunda convocatoria, o mesmo día no mesmo lugar e media hora máis tarde.

A asemblea xeral desenvolverase de acordo coa seguinte orde do día:

1. Confección da lista de asistentes e constitución da asemblea xeral.

2. Apertura da sesión polo presidente.

3. Designación dos interventores da acta da sesión.

4. Exame e aprobación, se procede, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria), informe de xestión do exercicio 1997, da proposta de aplicación dos resultados ós fins da Caixa, así como da xestión do Consello de Administración durante o mesmo período.

5. Informe, aprobación e liquidación, se procede, do gasto da obra benéfico social do exercicio 1997 e aprobación, se procede, dos orzamentos para o exercicio 1998 e solicitude de prórroga para o exercicio seguinte.

6. Informe da comisión de control sobre a súa actuación durante o exercicio 1997.

7.Definición das liñas xerais do plan de actuación anual da Caixa.

8. Nomeamento dos auditores de contas.

9. Proposta de delegación de facultades no Consello de Administración para emitir obrigacións subordinadas, cédulas hipotecarias, bonos, obrigas de pagamento, obrigacións, cotas participativas e, en xeral, calquera outro título valor autorizado pola normativa vixente.

10. Rogos e preguntas.

11. Intervención do presidente.

En cumprimento do disposto no artigo 20.1º, dos estatutos da entidade, quince días antes, como mínimo, da celebración da asemblea, quedarán depositadas na sede central, á disposición dos conselleiros xerais, as contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria) o informe de xestión e a proposta de aplicación do resultado ós fins propios da Caixa, os informes da comisión de control e das auditorías realizadas.

Ourense, 13 de maio de 1998.

Manuel Bermúdez Couso

Presidente en funcions