Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.928

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN SANITARIA

ACORDO do 30 de abril de 1998, do padroado da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, polo que se nomea secretario xeral da fundación.

O padroado da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, con domicilio en Santiago de Compostela, na súa reunión celebrada o día 30 de abril de 1998, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 11 f) dos seus estatutos, aprobados por acordo do Consello da Xunta de Galicia do día 19 de decembro de 1997, acordou resolve-la convocatoria pública para o nomeamento do secretario xeral da fundación, anunciada no Diario Oficial de Galicia número 58, correspondente ó día 26 de marzo de 1998.

En consecuencia, de conformidade co previsto na base cuarta da dita convocatoria, faise público o seguinte acordo:

Primeiro.-Nomear secretaria xeral da fundación a Mª Cristina Pérez Fernández.

Segundo.-Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1998.

Javier Bouzada Romero

Director

4591