Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-292).

Por resolución desta alcaldía nº 1409/1998 con data do 17 de marzo de 1998, acordouse aprobar definitivamente o proxecto de urbanización, de parte do SUNP A-33 Montesinos, en Montrove, Liáns.

Contra ese acordo, que lle pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte a aquel en que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei require a comunicación previa ó organo que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2º do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados para formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 20 de abril de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

4093