Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERREI

EDICTO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 28 de abril de 1998, aprobou o expediente de contratación por concurso, en procedemento aberto, declarado de tramitación urxente, da obra de instalación de limitadores de tensión. Ábrese o procedemento de licitación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Monterrei.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: instalación de limitadores de tensión na iluminación pública e nos motores de bombeo de acordo coa memoria redactada polo enxeñeiro, Luis Alfonso Rúa Lorenzo.

b) Lugar de execución: iluminación pública e bombeos das vilas do concello de Monterrei.

c) Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 2.957.501 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 59.150 ptas.

Definitiva: 118.300 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: concello de Monterrei.

b) Domicilio: rúa As Fontiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: Albarellos. Monterrei 32618.

d) Teléfono: (988) 41 80 02.

e) Telefax: (988) 42 57 00.

f) Data límite da obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e no BOP.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non se esixe.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia e no BOP (se coincidise con sábado ou festivo, prorrogarase o prazo ó seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: o modelo de proposición, e a documentación que presentarán os licitadores será a prevista no prego de condicións.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: concello de Monterrei.

2. Domicilio: rúa As Fontiñas, nº 2.

3. Localidade e código postal: Albarellos 32618.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: concello de Monterrei.

b) Domicilio: rúa As Fontiñas, nº 2.

c) Localidade: Albarellos.

d) Data: o primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal, a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Monterrei, 2 de maio de 1998.

O alcalde

Rubricado

4104