Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO de licitación urxente de subministración mediante concurso con procedemento aberto.

1. Proxecto: adquisición de contedores de recollida de lixo.

2. Tipo de licitación: 2.610.000 ptas.

3. Partida: 442.625.00.

4. Prazo de entrega: 45 días.

5. Clasificación: non se esixe.

6-7. Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do Concello de Boiro, de 9 a 13 horas durante 13 días contados a partir da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

8. Fianza provisional: non se esixe.

9. Fianza definitiva: 104.400 ptas.

10. Taxas do contrato: non procede.

11. Revisión de prezos: non procede. Artigo 104.1º LCAP.

12. Control de calidade: esixible.

Modelo de proposición: D... con enderezo en... rúa..., nº..., teléfono... con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa)..., actuando en nome propio/ou en representación de..., e con enderezo no..., teléfono..., toma parte na licitación por procedemento negociado para a adxudicación da subministración de..., e para estes efectos fai constar:

1. Que polo prezo de 2.610.000 ptas. ofrece a cantidade de... contedores.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións.

En..., ... de... de 199...

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre A «Oferta económica»: proposición para tomar parte na contratación da subministración de..., presentada por...

En..., ... de... de 199...

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo sobre B «Personalidade xurídica e xustificantes».

Modelo sobre C «Referencias técnicas».

Expediente.-O expediente e pregos de condicións atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.

Boiro, 24 de abril de 1998.

O alcalde

Rubricado

4228