Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.914

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización dun tramo da avenida de Vigo entre os rueiros 238 e 240 do PXOU.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do seis de abril de mil novecentos noventa e oito acordou prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización dun tramo de rúa na avenida de Vigo, entre os rueiros número 238 e 240 deo PXOU, promovido mediante iniciativa particular por Promociones Acuña, S.L. e planos reformados números 2 e 3, que reforman e anulan os correlativos do proxecto, documentación toda ela redactada polo arquitecto Fernando Lafuente Lestón, visada pola Delegación en Pontevedra do COAG con datas do 31-10-1997 e 22-12-1997, repectivamente, e incorporándose a este acto tódalas condicións impostas pola Unidade de Estradas en Pontevedra do Ministerio de Fomento en informe con data 12-1-1998, que, por conseguinte, terán que realizarse na obra urbanizadora.

O que se fai público para a executividade del, subliñándose que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados

a partir do día seguinte ó desta publicación, logo de comunicación, ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se pida exercitar, se é o caso, calquera outro recurso que se estime procedente.

Pontevedra, 17 de abril de 1998.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

4094