Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, para a contratación da consultoría e asistencia consistente na elaboración das contas da industria agroalimentaria.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría e asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: 640.1/22.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: elaboración das contas da industria agroalimentaria na Comunidade Autónoma de Galicia, proceso que comprende as seguintes operacións: a) Enquisa ás industrias e gravación dos cuestionarios. b) Obtención de cadros de elevación das variables macroeconómicas. c) Elaboración das contas da industria agroalimentaria.

b) Prazo de execución: catro meses e medio contados a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.375.000 pesetas.

5. Garantía provisional.

107.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

Poderán retirala no negociado do rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27 Santiago de Compostela. C.P. 15702. Tlf: 54 13 21, e fax: 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 26 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas.

O décimo día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 h e nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1998.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

4974