Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 1998 pola que se anuncia o comezo do prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de concesións para a ocupación e utilización exclusiva de prazas de amarre nunha zona do porto de Cangas destinada a peirao náutico-deportivo.

De conformidade co establecido na lexislación vixente en materia portuaria, en virtude das facultades que teño conferidas pola Orde do 29 de xaneiro de 1996 ( DOG nº 28, do 8 de febreiro), sobre delegacións de competencias no presidente do ente público Portos de Galicia,

RESOLVO:

O comezo do prazo de presentación de solicitudes para o outorgamento de concesións e utilización exclusiva de prazas de amarre nunha zona que se vai a construír do porto de Cangas, destinada a peirao náutico-deportivo, que se rexerá polo prego de condicións e de bases aprobado para o efecto e que estará á disposición dos interesados na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na praza de Europa, 5º A, 15707, Santiago de Compostela.

O prazo de presentación de solicitudes é de seis meses e iniciarase o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral de Portos de Galicia, Área Central, Praza de Europa 5º A, 15707 Santiago de Compostela.

Ábrese un prazo de vinte días para que calquera persoa ou entidade interesada poida presentar na sede central do ente público Portos de Galicia, sita na Praza de Europa, 5º-A , 15707 Santiago de Compostela, cantas alegacións coide procedentes sobre a presente convocatoria.

En Santiago de Compostela, 15 de maio de 1998.

P.D. (Orde 29-1-1996, DOG nº 28 do 8 de febreiro)

Emilio García Gallego

Presidente do Ente Público de Portos de Galicia

4683