Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1998 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoria e asistencia para o deseño dun modelo de estimación das variables macroeconómicas da construcción no marco da contabilidade rexional de Galicia.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría e asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: 640.1/25.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o deseño dun modelo para a estimación das principais variables macroeconómicas da actividade da construcción, así como as súas interrelacións coas ramas da actividade no marco das contas económicas de Galicia.

b) Prazo de execución: catro meses contados a partir do asinamento do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.850.000 pesetas.

5. Garantía provisoria.

137.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

Poderán retirala no negociado do rexistro do IGE, rúa Ramón Piñeiro, 27, Santiago de Compostela. CP 15702. Teléfono 54 13 21 e fax 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade o esixido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, no rexistro do IGE en horario de 9 a 14 h, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas.

O quinto día seguinte ó do remate de presentación de proposicións, ás 12 horas e nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio, será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1998.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

4702