Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Secretaria Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto para a contratación, polo trámite de urxencia, da asistencia técnica para a realización dunha enquisa a empresas do sector pesqueiro e estimación das correspondentes variables macroeconómicas.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación, polo sistema de concurso aberto, a contratación da asistencia técnica para a realización dunha enquisa a empresas do sector pesqueiro e estimación das correspondentes variables macroeconómicas.

Obxecto: contratación da asistencia técnica para a realización dunha enquisa a empresas do sector pesqueiro e estimación das correspondentes variables macroeconómicas.

Orzamento e tipo: cinco millóns cincocentas mil pesetas (5.500.000 ptas.), IVE e outros impostos incluídos.

Prazo de execución: de cinco meses a partir do asinamento do contrato.

Documento de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores na oficina de información da

Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo de presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitiráselle un telegrama ou fax á secretaría xeral, no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás dez horas (10 horas) do segundo día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso tal día pasará a se-lo primeiro hábil seguinte.

Fianza provisional: dous por cento da licitación (2%).

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1998.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

4978