Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia o concurso público para a contratación de servicios de vixilancia nos lugares de atraque das embarcacións de inspección e vixilancia pesqueira e da nave-almacén de Portonovo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

c) Número de expediente: 98/012/0696.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación de servicios de vixilancia nos lugares de atraque das embarcacións de inspección e vixilancia pesqueira e da nave-almacén de Portonovo, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) Prazo de execución: desde o 1-7-1998 ata o 31-12-1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: trinta millóns cento noventa e oito mil corenta e oito pesetas (30.198.048 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5, 2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: (981) 54 40 79.

e) Telefax: (981) 54 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: categoría C, grupo 3, subgrupo 2.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano, 5, 2ª, Santiago de Compostela, 15771).

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5, 2ª.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas. No caso en que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación.

Correrán por cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 1998.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

4210