Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.890

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 16 de abril de 1998 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de tres prazas de técnico especialista en informática (xestión de redes e sistemas informáticos), vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertidos erros, na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 95, do mércores, 20 de maio de 1998, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 5.558 no punto 1.1, onde di: «...dúas polo sistema de promoción interna e dúas polo de acceso xeral libre.», debe dicir: «...dúas polo sistema de promoción interna e unha polo de acceso xeral libre.».

Na páxina 5.562, no anexo III, onde di: «Tribunal. Titular: Andrés Ramón Trillo García, xerente da Universidade de Vigo; Presidente: José Tojo Suárez, catedrático da Universidade de Vigo...», debe dicir: «Tribunal. Titular: Presidente: Andrés Ramón Trillo García, xerente da Universidade de Vigo. Vocais: José Tojo Suárez, catedrático da Universidade de Vigo...».

4975