Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.889

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a data do sorteo para determina-la composición dos tribunais que deberán xulga-lo procedemento para que os funcionarios de carreira do corpo de mestres poidan adquirir novas habilitacións.

O punto 16 da Orde do 16 de abril de 1998 (DOG do 28 de abril), pola que se convocaba procedemento para que os funcionarios de carreira do corpo de mestres poidan adquirir novas habilitacións, establece que os tribunais estarán integrados por catro vocais, designados por sorteo, entre funcionarios do corpo e especialidade correspondente.

Resulta necesario facer pública a data e a hora na que terá lugar o sorteo público. A Dirección Xeral de Persoal,

RESOLVE:

Primeiro.-O sorteo para determina-los catro vocais e os seus suplentes correspondentes, que xulgarán o procedemento para que os funcionarios de carreira do corpo de mestres poidan adquirir novas habilitacións, terá lugar entre funcionarios de carreira do corpo e da especialidade correspondente, en situación de servicio activo en centros dependentes desta consellería, con destino definitivo ou provisional na provincia na que se celebra o sorteo, o próximo día 1 de xuño de 1998 ás 9 horas, nos seguintes lugares:

-C.P. Ramón Otero Pedrayo, polígono de Elviña, 1ª fase (zona Monelos) A Coruña.

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, r/ Ronda da Muralla, nº 70-5ª planta, Lugo.

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, r/ Concello, nº 13, Ourense.

-Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, r/ Montero Ríos, s/n, Pontevedra.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 1998.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

4874