Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.890

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 16 de abril de 1998 pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico especialista en delineación e deseño asistido por ordenador (departamento de Deseño na Enxeñería), vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 98, do luns, 25 de maio de 1998, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 5.668, no Anexo III, tribunal; onde di: «José Fernández Soto, catedrático da Universidade de Vigo», debe dicir: «Joel Fernández Soto, catedrático da Universidade de Vigo.».

4456