Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Butavigo, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Butavigo, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-4-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal o 30-3-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexistlativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, vinteoito de abril de mil novecentos noventa e oito.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo ano 1997, Butavigo, S.A.

Artigo 1º

O presente convenio afecta á empresa Butavigo, S.A., dedicada á distribución e venda de gas butano e propano envasado. A dita empresa está rexida pola ordenanza laboral para as axencias distribuídoras de gas butano, aprobada pola orde ministerial do 29 de xullo de 1974.

Artigo 2º

As normas establecidas polo presente convenio inclúen a totalidade do persoal ocupado pola empresa afectada, así coma o persoal de novo ingreso durante a súa vixencia. O persoal que remate o contrato antes do asinamento da nova táboa salarial terá dereito a percibi-los atrasos dos meses traballados.

Artigo 3º

O presente convenio, que terá unha duración de dous anos entra en vigor o 31 de agosto de 1997 e rematan os seus efectos o 31 de agosto de 1999. A táboa salarial anexa ten efecto desde o 1 de xaneiro de 1997 ata o 31 de decembro de 1997. A táboa salarial de 1998 negociarase de xaneiro a agosto de 1998 e terá efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1998.

Artigo 4º

A denuncia do convenio levarase a cabo por escrito, de acordo coa lexislación vixente, cunha antelación dun mes ó remate dos seus efectos; de non ser denunciado na forma establecida no convenio, entenderase prorrogable por anualidades.

Artigo 5º

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible. Para efectos da súa aplicación serán consideradas globalmente.

Artigo 6º

As retribucións que se aplicarán durante a vixencia do presente convenio son as mesmas que aparecen na táboa salarial anexa.

Artigo 7º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas na súa totalidade estrictamente ad personam aquelas condicións máis beneficiosas que teñan os traballadores, concedidas pola empresa por pacto ou costume.

Artigo 8º.-Compensacións e absorcións.

As condicións económicas establecidas no convenio, consideradas no seu conxunto, poderán ser compensadas nas xa existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe; así mesmo, poderán ser absorbidas outras concesións fixadas por disposición legal.

Artigo 9º.-Antigüidade.

Cada traballador percibirá un 3% do salario por cada tres anos de servicios prestados á empresa. O período de aprendizaxe computarase para efectos dos aumentos económicos por antigüidade.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio percibirán unha gratificación extra de Nadal e outra de xullo cada ano, sendo cada unha delas equivalente ó salario base establecido para cada categoría, máis antigüidade que corresponda, máis plus de transporte.

Artigo 11º.-Participación en beneficios.

A tódolos traballadores concederáselles unha paga anual de beneficios por unha cantidade equivalente ó salario base, máis antigüidade, máis plus de transporte.

Artigo 12º.-Plus de transporte.

Tódolos traballadores terán dereito a percibir un plus en concepto de transporte de 417 pesetas por cada día efectivamente traballado.

Artigo 13º

A empresa comprométese a establecer unha póliza por accidentes laborais, que chegará a tres millóns de pesetas en caso de morte e ata catro millóns de pesetas en caso de gran invalidez. O prazo para contrata-la dita póliza será de trinta días.

Artigo 14º.-Vacacións.

Os traballadores afectados polo presente convenio desfrutarán cada ano de trinta días naturais de vacacións rotativas e consecutivas entre os meses de maio a outubro. Os días de Noiteboa, Fin de Ano, e véspera de Reis a xornada será de 7 a 15 horas.

Artigo 15º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos seguintes:

15 días en caso de matrimonio.

2 días nos casos de nacemento de fillos, enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando por tal motivo o traballador necesite un desprazamento, o prazo será de catro días.

1 día por traslado de domicilio actual.

Polo tempo necesario por cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

Para realizar funcións sindicais ou de representación de persoal nos termos establecidos no Estatuto dos traballadores.

Artigo 16º

Establécese unha xornada de 1.800 horas equivalentes ó computo semanal de 40 horas. A dita xornada distribuirase de luns a venres. A xornada continuada establécese desde o 1º de xuño ó 30 de setembro, ambos incluídos. A dita xornada será de 7 a 15 horas.

Artigo 17º

En caso e baixa producida por incapacidade laboral transitoria, a empresa aboará o importe íntegro da retribución, incluída antigüidade e plus de transporte, a partir dos 15 días da baixa, e desde o 1º día se houbese internamento.

Artigo 18º

As horas extraordinarias reflectiranse na folla salarial como horas extraordinarias, e serán do 150%

en horas laborables e do 300% se houbese que traballar sábados, domingos e festivos.

Artigo 19º

En caso de ter que desprazarse en coche propio por encargo da empresa, aboarase a 20 pesetas por km.

Artigo 20º

Tódolos traballadores terán dereito a roupa e calzado necesario durante todo o ano, segundo o seu traballo.

Artigo 21º

A empresa fara unha revisión médica cada ano a tódolos traballadores.

Artigo 22º

En caso de desprazamento fóra da cidade, pagaranse axudas de custo, segundo a factura.

Artigo 23º

Auga corrente potable, que se instalará coa maior brevidade posible.

Artigo 24º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 do Estatuto dos traballadores, créase unha comisión paritaria do convenio que terá as funcións e fins regulados pola normativa vixente, a cal estará presidida polo presidente da comisión deliberadora e estará composta por igual número de vocais representativos dos traballadores, dunha parte, e empresarios, doutra; a designación destes recaerá sobre as mesmas persoas e en igual número de vocais titulares que foron nomeados para a negociación deste convenio.

Artigo 25º.-Partes asinantes.

Asinan o presente convenio, dunha parte, José Ramón Pérez Nieto na súa calidade de representante da empresa e, doutra, os traballadores xunto co delegado de persoal en Vigo.

Táboa salarial

Categoría

Tabóa

salarial

1996

Incremento

3%

Tabóa

salarial

1997

Xefe de administración119.2363.577122.813
Oficial de primeira96.2692.88899.157
Oficial de segunda90.5612.71793.278
Almaceneiro88.6342.65991.293
Aspirante54.3461.63055.976
Telefonista79.4412.38381.824
Auxiliar de oficina82.3222.47084.792
Vixilante jurado82.3222.47084.792
Garda79.9922.40082.392
Conductor de camión94.1862.82697.012
Conductor reparto91.0892.73393.822
Conductor de carreta89.0102.67091.680
Mozo almacén e reparto83.3552.50185.856
Mecánico visitador e montador99.2232.977102.200
Macánico instalador98.2272.947101.174
Limpadora por horas34810358

NOTA: o incremento efectuarase sobre os conceptos de salario base, antigüidade e plus de transporte.

Táboa salarial

Categoría

Tábóa

salarial

1997

Incremento

2%

Tábóa

salarial

1998

Xefe de administración122.8132.456125.269
Oficial de primeira99.1571.983101.140
Oficial de segunda93.2781.86695.144
Almaceneiro91.2931.82693.119
Aspirante55.9761.12057.096
Telefonista81.8241.63683.460
Auxiliar de oficina84.7921.69686.488
Vixilante jurado84.7921.69686.488
Garda82.3921.64884.040
Conductor de camión97.0121.94098.952
Conductor reparto93.8221.87695.698
Conductor de carreta91.6801.83493.514
Mozo almacén e reparto85.8561.71787.573
Mecánico visitador e montador102.2002.044104.244
Macánico instalador101.1742.023103.197
Limpadora por horas3587365

NOTA: o incremento efectuarase sobre os conceptos de salario base, antigüidad e plus de transporte.

4058