Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.889

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se modifica a programación do curso PO-8 consonte o disposto no artigo 1.3º da Orde do 15 de decembro de 1997 no que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos do Plan Autonómico de Formación de Formadores de formación profesional ocupacional de 1998.

A vista do número de solicitudes presentadas para o curso PO-8, e tendo en conta o artigo 1º punto 3 da Orde do 15 de decembro de 1997 pola que se establece a convocatoria pública para a participación na programación de cursos do Plan Autonómico de Formación de Formadores de formación profesional ocupacional de 1998, a delegada provincial resolve modifica-la programación da provincia de Pontevedra desdobrando o citado curso.

Vigo, 21 de abril de 1998.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Sagrario Franco Malvar

Delegada provincial de Pontevedra

4890