Adoptado acordo polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 15 de maio de 1998, relativo á adxudicación provisional dunha emisora en ondas métricas con modulación de frecuencia para a súa explotación pola corporación local da Cañiza (Pontevedra), resulta necesario darlle publicidade ó devandito acordo, unha vez cumpridos os requisitos que se determinan no Decreto 156/1989, do 27 de xullo, modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro, que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, e de acordo coa Orde do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo), que abre o prazo de presentación de solicitudes con esta finalidade. En consecuencia,
RESOLVO:
Ordena-la publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia, adoptado na súa reunión do 15 de maio de 1998, polo que se adxudica provisionalmente unha emisora de radiodifusión sonora para a súa explotación polo Concello da Cañiza (Pontevedra), texto que figura no anexo á presente resolución.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 1998.
José Manuel Soto Vázquez
Director xeral de Comunicación Social e Audiovisual
Anexo á Resolución do 18 de maio de 1998
O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de maio de mil novecentos noventa e oito adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
«De conformidade co establecido na Lei 11/1991, do 8 de abril, de organización e control das emisoras municipais de radiodifusión sonora, no Decreto 156/1989, do 27 de xullo (DOG nº 151, do 8 de agosto) modificado parcialmente polo Decreto 35/1992, do 6 de febreiro (DOG nº 27, do día 10 do mesmo mes), que regula o procedemento de concesión de emisoras de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, na orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 25 de febreiro de 1992 (DOG nº 50, do 12 de marzo seguinte), e demais normativa estatal e auto
nómica, o Consello da Xunta de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, acorda adxudicar, con carácter provisional, a explotación dunha emisora de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia ó Concello da Cañiza (Pontevedra), que se relaciona no anexo, con expresión das características que corresponden á citada emisora.
O outorgamento da concesión, que habilitará para a posta en funcionamento da correspondente emisora, estará supeditado á aprobación previa do proxecto técnico, á realización das obras e instalacións correspondentes, así como á posterior inspección e autorización da posta en funcionamento.
A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo adoptará as medias necesarias para a execución do presente acordo, de conformidade coas funcións que lle atribúe o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo».
Anexo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que se adxudica provisionalmente unha emisora de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, para a súa explotación polo corporación local da Cañiza (Pontevedra).
Provincia: PO.
Concello: A Cañiza.
F (Mhz): 107.9.
Lonxitude: 8W1618.
Latitude: 42N1253.
Cota: 545.
HEFM: 37.5.
PRAW: 50.
P: M.
D: N.
Sector: -
4846