Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.850

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (69/1998-M).

Eu, Mª Fernanda Ulloa Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo.

Dou fe e certifico que no xuízo de faltas número 69/1998, seguido ante este xulgado por ameazas, no que foi denunciante Sara Nudite Martíns e denunciados Antonio Otero Lago e María Otero Lago, recaeu sentencia que ten un encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.-En Carballo o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e oito. Vistos por Carolina Montero Trabanco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, os presentes autos de xuízo de faltas número 69/1998, sobre ameazas no que foron partes e comparecendo a denunciante Sara Nudite Martíns, a denunciada María Otero Lago, non comparecendo o denunciado

Antonio Otero Lago malia estar citado en legal forma, de conformidade co disposto no artigo 117 da Constitución, no nome de El-Rei, dictou a seguinte decisión:

Que debo absolver e absolvo a Antonio Otero Lago e María Otero Lago, dos feitos que deron lugar a este procedemento, con declaración das custas de oficio. Notifíqueselle-la presente resolución ás partes prevíndoas que contra ela poderán interpor, ante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado. Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Antonio Otero Lago, que se encontra en paradoiro descoñecido, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Carballo, o trinta de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

4229