Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.851

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (141/1997-09).

Nos autos de xuízo de faltas, seguido neste xulgado co número 143/1997, por ameazas, dictouse sentencia, da cal o encabezamento e resolución son do teor literal que segue:

«En Santiago de Compostela o vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e oito, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 143/1997, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes, como denunciantes, María Esther Castro Vales e Luis Camos Seco, e como denunciados Miguel Ángel Mosquera López e Agustín Civeira Dobarro, seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos de dereito.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Miguel Ángel Mosquera López e Agustín Civeira Dobarro da falta de ameazas pola que foron denunciados, declarando de oficio as custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do segiunte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Miguel Ángel Mosquera López, actualmente en ignorado paradoiro, e a súa publicación no DOG, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

4187