Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.850

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL DE CONTAS (SECCIÓN DE AXUIZAMENTO-DEPARTAMENTO 2º)

EDICTO (B-112/1998).

Polo presente edicto faise público, para dar cumprimento ó acordado polo conselleiro de Contas mediante providencia de data 22 de abril de 1998, dictada no procedemento de reintegro por alcance nº B-112/1998, de facendas locais, Pontevedra, que neste tribunal se segue procedemento de reintegro por un presunto alcance como consecuencia da falta de xustificación de diversos libramentos na entidade local menor de Bembrive-Vigo (Pontevedra) durante os anos 1985, 1986 e 1987, por un importe total de cinco millóns trescentas oitenta e cinco mil trescentas cuarenta pesetas (5.385.340 ptas.).

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable, poidan comparecer nos autos en forma, dentro do prazo dos nove días seguintes á publicación deste edicto.

Dado en Madrid o vintedous de abril de mil novecentos noventa e oito.

Carlos Leguina Vicens

Secretario

4233