Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.850

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de dereito romano, do departamento de Dereito Privado, a Margarita Fuenteseca Degeneffe (praza 55/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 13 de xuño de 1997 (BOE do 3 de xullo) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de dereito romano, do departamento de Dereito Privado, a prol de Margarita Fuenteseca Degeneffe, con documento nacional de identidade número 00.819.865 e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Margarita Fuenteseca Degeneffe, profesora titular de universidade da área de coñecemento de dereito romano, do departamento de Dereito Privado.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados

a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 29 de abril de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

4182