Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.837

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se establece o módulo que rexerá a expedición das autorizacións de serie VT.

No ano 1983 a Dirección Xeral de Transportes estableceu para valora-la necesidade de outorgar autorizacións de transporte VT un módulo de 650 habitantes de dereito por cada tarxeta VT.

Desde o dito ano o parque de turismos na nosa comunidade experimentou un incremento espectacular, o que se traduce nun uso máis reducido do taxi e unha minoración dos ingresos para o dito colectivo.

Isto repercute necesariamente en incrementos tarifarios toda vez que os custos fixos dos taxis, que superan o 60 % dos custos totais, tense que repercutir entre menos servicios.

Débese pois deducir que o exceso de oferta nun sector con tarifas fixas conduce a un prexuízo tanto para os transportistas coma para ós usuarios.

É por isto que a Dirección Xeral de Transportes no exercicio das competencias que lle atribúe a lexislación vixente,

ACORDA:

1. Fixa-lo módulo que rexerá a expedición das autorizacións de serie VT en 1.000 habitantes de dereito por cada tarxeta de transporte.

2. As VT correspondentes a concellos cun módulo inferior manterán a súa validez mesmo para os efectos de transmisión da titularidade.

Nembargantes, cando se anule, de oficio ou por instancia de parte, unha autorización VT con residencia nun concello que teña un módulo inferior ó establecido na presente resolución, a dita autorización será amortizada. En consecuencia non se procederá a unha nova adxudicación, salvo no suposto previsto no apartado seguinte.

3. Con carácter excepcional poderanse outorgar autorizacións de transporte VT en concellos que non acaden o módulo 1.000 a petición do propio concello cando a dita petición se fundamente na concorrencia de peculiaridades no concello que imposibiliten

atende-las necesidades de servicio público co módulo establecido con carácter xeral.

4. Co mesmo carácter excepcional poderase xustificar (no estudio previsto no apartado anterior) a creación de licencias municipais e autorizacións VT cando non se acade o módulo xeral, para atende-las necesidades de transporte dunha área ou zona determinada do territorio municipal.

Neste suposto as autorizacións terán unha limitación en canto a un punto de parada fixa situada na dita zona e un calendario e horario de presencia mínima.

5. As solicitudes encadradas nos supostos dos apartados 3º e 4º deberán ser informadas pola Asociación Provincial de Taxis e pola Asociación Local de Autotaxis, cando estea formalmente constituída.

6. Nas solicitudes dos concellos que non encaixen dentro do módulo xeral deberá conterse unha avaliación da rendibilidade hipotética das novas autorizacións e a súa repercusión na explotación das autorizacións vixentes.

A dirección xeral poderá, cando así proceda á vista da rendibilidade hipotética das novas autorizacións e a súa repercusión na explotación das autorizacións preexistentes, mediante un procedemento no que se lles pedirá informe a tódalas partes implicadas, acordar outras fórmulas para dar cobertura ás necesidades de transporte, entre as que se considerará prioritariamente a habilitación para prestar servicios a vehículos provistos de VT e licencia doutro concello mediante un réxime excepcional no que se podería limita-lo calendario, horario e territorio de actuación dos vehículos non residenciados no termo municipal.

7. Con carácter singular, a Dirección Xeral de Transportes poderá outorgar unha autorización serie VT a titulares de licencias municipais cando foran titulares anteriormente de tarxetas VT que caducasen, mesmo cando a solicitude non sexa acorde co módulo 1.000.

Para os ditos efectos a dirección xeral valorará as causas que motivaron a caducidade da autorización e considerará especialmente o informe emitido pola asociación local de autotaxis, ponderando, así mesmo, o informe emitido polo concello.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1998.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

4453