Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.836

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 144/1998, do 15 de maio, polo que se acorda a mutación demanial de certos bens mobles adscritos á Compañía de Radio Televisión de Galicia e a nova adscrición á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Con data do 18 de marzo de 1998, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria solicitou da Secretaría Xeral e do Patrimonio a tramitación da mutación demanial de varios bens mobles do patrimonio da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), en execución dun convenio de cooperación educativa nas ensinanzas de formación profesional, para seren adscritos á Escola de Imaxe e Son da Coruña.

Con data do 29 de abril de 1998, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo informou favorablemente a mutación demanial e a súa posterior adscrición á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

En virtude do disposto nos artigos 12 e 13 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 18, 21, 30 e 31 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da antedita lei, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de maio de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Acórdase a reversión do uso e a mutación demanial dos bens mobles que se relacionan no anexo do presente decreto, adscritos á Compañía de Radio Televisión de Galicia, ó deixar de seren necesarios para o cumprimento directo dos fins determinantes da súa adscrición, co obxecto de destinalos a fins de formación profesional.

Artigo 2º.-Adscríbense os ditos bens mobles á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que desempeñará as facultades de administración, xestión e conservación deles.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do disposto no presente decreto.

Santiago de Compostela, quince de maio de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

MarcaEquipoModeloNº de serie

AMEKMesturador de sonM1000/24/4/21365

AMPEXCorrector de base de temposTBC-53593687
AMPEXCorrector de base de temposTBC-80250998
AMPEXCorrector de base de temposTBC-801251100
AMPEXMagnetoscopioVPR-63893045
AMPEXMagnetoscopioVPR-801651800
AMPEXMagnetoscopioVPR-801651883
AMPEXPaleta gráfica con táboa e lapis sensible á presiónAVA 31680152
AMPEXTeclado para paleta gráficaCAS 33810561
AMPEXUnidade de conmutación de ponte de monitorados/n

CHILTONMesturador de sonCM2s/n

CONTROL DATAUnidades de discos removiblesCDC-RSD240568811
CONTROL DATAUnidades de discos removiblesCDC-RSD240548811

PESAPaneis de intercomunicación de 32 destinosRIS 4032 Cod. 358.1B201
PESAPaneis de intercomunicación de 32 destinosRIS 4032 Cod. 358.1B204
PESAPaneis de intercomunicación de 32 destinosRIS 4032 Cod. 358.1B206
PESAPaneis de intercomunicación de 32 destinosRIS 4032 Cod. 358.1B278
PESAPaneis de intercomunicación de 32 destinosRIS 4032 Cod. 358.1B289

MarcaEquipoModeloNº de serie

PESAPaneis de intercomunicación de 32 destinosRIS 4032 Cod. 358.1B305
PESAPaneis de intercomunicación de 32 destinosRIS 4032 Cod. 358.1B324
PESAPaneis de intercomunicación de 32 destinosRIS 4032 Cod. 358.1BV.6166.357
PESAPaneis de intercomunicación de 32 destinosRIS 4032 Cod. 358.1BV.6166.363
PESAPaneis de intercomunicación de 32 destinosRIS 4032 Cod. 358.1BV.6166.366
PESASistemas de intercomunicación de 32 portosSIM 4032 Cod. 358.0.B201

SHOTOKUCabeza de trípodeTE-02CST 236237
SHOTOKUCabeza de trípodeTE-02CST 40170
SHOTOKUTrípodeTT-17DST 2363-37
SHOTOKUTrípodeTT-17DST 2363-34

4426