1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra.
a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.
b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación e Patrimonio.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: a subministración de diverso material para a sinalización horizontal para o año 1998.
b) Lugar de entrega: Casa do Concello.
c) Prazo de entrega: o adxudicatario queda obrigado a efectua-la entrega da subministración dentro dos trinta días seguintes a data do contrato de adxudicación.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento de licitación: 3.724.615 ptas., incluído todo xénero de gatos e IVE.
5. Garantías:
a) Provisional: 74.492 ptas.
b) Definitiva: 148.985 ptas.
6. Obtención de documentación e información:
a) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n, 36071 Pontevedra. Teléfono: (986) 80 43 00. Fax: 86 01 02.
b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
7. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que se presentará: cláusula 9ª do prego.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. De 9 a 13 horas.
d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.
8. Apertura das ofertas: serán abertas pola mesa de contratación ás 10.15 horas do primeiro luns hábil seguinte ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.
9. Gastos: serán pola conta do adxudicatario os seguintes gastos:
a) Os de anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.
b) Os tributos estatais, autonómicos e muncipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.
c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.
d) Os de transporte e entrega da subministración.
Pontevedra, 15 de abril de 1998.
Juan Luis Pedrosa Fernández
Alcalde
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral
3952